Hoxe vou falarvos un pouquiño dalgunhas das sagas famosas, as cales, recomendaría que lerades!
Comezo a falarvos con Harry Potter:
A trama central do argumento xira en torno á loita e os enfrontamentos que Harry ten co meigo malvado Lord Voldemort, asasino dos pais de Harry que quere conquistar o mundo máxico e someter ás persoas muggles.
The Hunger Games
É unha novela de ciencia ficción escrita por Suzanne Collins; O Capitolio, unha metrópole moi avanzada, exerce o control político sobre o resto do nación. Os coñecidos como "Xogos da Fame" son un evento anual no que un rapaz e unha rapaza de entre 12 e 18 anos de cada un dos doce distritos que rodean o Capitolio son escollidos por lotaría para enfrontarse nunha batalla televisada a morte.
Ese ano tocoulle á irmá da protagonista, Katniss, e como tan só tiña 12 anos presentouse Katniss voluntaria.
Aquí vos deixo estas dúas, que son dúas das miñas preferidas.
Ata outra!

No hay comentarios:
Publicar un comentario